Wednesday 08 de May de 2024

Escolares de sexto de Infantil do CEIP A Gándara participaron hoxe nos Itinerarios didácticos do Concello


Un grupo de escolares de sexto curso de Infantil do CEIP A Gándara visitou esta mañá o Concello no marco do programa municipal “Itinerarios didácticos”. Persoal docente acompañou aos menores, xunto cun explorador e a abella “Nara”, mentres visitaron varias dependencias da Casa Consistorial e realizaron actividades propias deste programa.

Unha das citas da convocatoria leva ao alumnado ao salón de plenos, donde ven o vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación adaptada á súa idade sobre a historia da cidade. Posteriormente nese mesmo espazo reciben a visita da alcaldesa, Marián Ferreiro, que resposta ás inxeniosas preguntas e curiosidades que formulan desde os espazos que ocupan as concelleiras e concelleiros da corporación local.

A actividade forma parte do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, cun apartado de Coñecemento do Concello que organiza estes Itinerarios didácticos no Concello. Antes de dar por rematada a súa visita ao Concello os escolares realizaron unha fotogradía de grupo coa rexedora local e tamén outra no photocall “Ti es a abella Nara”.